Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022
Publicada no DOG a Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de febreiro e remata o día 28 de febreiro.
Consultar cartel informativo para resumo das mesmas
Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36171