- Portada 10
Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o curso 23-24 DESTACADO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Forma de presentación:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
-
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023
No adxunto pode consultarse un resumo do procedemento.
Probas LIBRES 2023. Xornada de Acollemento e HORARIOS EXAMES DESTACADO
ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do15/03/2013)
A XORNADA DE ACOLLEMENTO TERÁ LUGAR O Xoves 1 de DE XUÑO DE 2023 AS 19:00 NA SALA DE USOS MÚLTIPLES. Tal e como recolle o artigo 22.2. (ASISTENCIA OBRIGATORIA)
Segundo a Disposición adicional segunda. Baixas de oficio
1. Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.
O calendario de EXAMES poden consultarse nos ficheiros adxuntos.
HORARIOS CS Administración e Finanzas
HORARIOS CS Asistencia á Dirección
HORARIOS CM Sistemas Microinformáticos e Redes
HORARIOS CS Administración de Sistemas Informáticos
HORARIOS CS Desenvolvemento Aplicacións Multiplataforma
HORARIOS CS Desenvolvemento Aplicacións Web
Concurso de Narración e Poesía en Lingua Galega 2023. Traballos premiados. DESTACADO
Reunido o Departamento de Lingua e Literatura Galega, e tendo como punto 5.b. da orde do día a resolución do Certame de Poesía e Narrativa das Letras Galegas IES Fernando Wirtz Suárez, lidos e valorados os orixinais presentados ao certame, o xurado
RESOLVE:
- Outorgar o 1º Premio (Ex Aequo) de Poesía, Modalidade B (Bacharelato e Ciclos) á alumna Ana Nieto Rego, de 2º de Bacharelato B, polo poema "Apeo".
- Outorgar o 1º Premio (Ex Aequo) de Poesía, Modalidade B (Bacharelato e Ciclos) ao alumno David Tarrío Outeiriño, de 2º de Bacharelato A, polo poema "Poema O)))"
- Declarar desertas as restantes categorías e modalidades (Modalidade A de poesía e Modalidades A e B de Narrativa).
Os traballos premiados poderán consultarse no instagram do equipo de dinamización do centro: https://www.instagram.com/dinamizawirtz/
Trámite para a solicitude de TÍTULOS
Tan só poden solicitarse títulos cando se teñan realizadas as avaliacións finais ordinarias ou extraordinarias onde conste a proposta para expedición de título.
- Cubrir o impreso adxunto.
- Aboar as tasas nunha entidade bancaria.
- Presentar na secretaría xunto coa fotocopia do DNI.
- No caso de familia numerosa deberá aportar xustificación.
O importe das tasas é o seguinte para o ano 2023:
- Bacharelato = 54.00
- Bacharelato familia numerosa = 27.03
- Bacharelato familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao superior= 54.00
- Ciclos grao superior familia numerosa = 27.03
- Ciclos grao superior familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao medio = 22.07
- Ciclos grao medio familia numerosa = 11.06
- Ciclos grao medio familia numerosa categoría especial = exento
Calendario Exames Distancia: Finais 2022-2023
Dase publicidade as datas e horas dos exames finais dos ciclos do réxime de distancia:
DXAD - C.M. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DAFI - C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
DDAM - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
DDAW - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
NOTAS:
- Lémbrase que para poder facer a previsión de espazos e recursos é preciso preinscribirse.
- Os alumnos que non se preinscriban non serán avaliados.
- Prazo de preinscripción: do 30 de maio ao 08 de xuño de 2023
_527633786(1)_1415179580.png)
Convocatoria de bolsas de carácter xeral (BECAS) para o curso 2023/2024 do MECD (Prazo finalizado)
O pasado 15 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/2024.
O prazo para presentar as solicitudes é do 27 de marzo ao 17 de maio, ambas as datas incluídas.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Máis información na seguinte ligazón:
Admisión de alumnado en centros sostidos con Fondos Públicos para o curso 2023-24. (ESO e Bacharelato).
O procedemento de admisión pódese consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Publicadas nos taboleiros do centro as listaxes definitivas
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS 2023
-
Xúntase a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazos de inscrición:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información:



