Mobilidades ERASMUS para profesores de Ciclos Superiores de FP. Curso 2023-2024
- A quen vai dirixido: profesorado que imparte clase en ciclos superiores.
- Duración: 5 días + viaxe
- Número de becas: 7 propias do centro (e as que conceda o consorcio da Consellería)
- Modalidade da viaxe: Período de formación no estranxeiro nunha institución de educación superior asociada, nunha empresa ou calquera outro lugar de traballo participando nunha actividade de formación no estranxeiro que sexa pertinente para o seu traballo cotián na nosa institución. Pode consistir en actos de formación (excepto conferencias) ou aprendizaxe por observación.
- Países de acollida: Países da Unión europea e países pertencentes ao programa onde se poidan realizar a estadía.