Profesora portuguesa visita el IES Fernando Wirtz
A profesora portuguesa Inés Madaleno, do Instituto Nossa Senhora da Encarnação, en Benedita, estivo no IES Fernando Wirtz do 4 ao 7 de outubro, realizando un job shadowing ao amparo dos programas Erasmus da Unión Europea. Asistiu a diversas clase de física (materia que ela imparte no seu centro) polas que mostrou gran interese, especialmente polas de bacharelato.
Os nosos estudantes aproveitaron a ocasión para interactuar e establecer un intercambio de opinións que resultou moi instructivo.
As coincidencias en moitos puntos de vista entre o modelo formativo portugués e galego quedaron de manifesto. As diferenzas nalgúns aspectos, xestión da aula, convivencia, transversalidade, foron realmente unha aprendizaxe.
A súa estancia tiña un dobre motivo xa que ademais tutelaba a tres Estudantes que estaban a facer prácticas en tres empresas da cidade, polo que non podemos senón felicitarnos polo feito de que valorasen e elixisen A Coruña como destino, xa que nos deu a oportunidade de compartir estas experiencias.