Visita de dúas profesoras portuguesas ao IES Fernando Wirtz.
A semana do 21 ao 25 de febreiro dúas profesoras portuguesas, Helena Ferreira Gomes Pereira e María Gabriela Ascenso Loureiro, das especialidades de Informática e Administración e Finanzas visitaron o noso centro ao abeiro do programa Erasmus+.
A súa escola, Instituto Nossa Senhora da Encarnação, está situada en Benedita, preto de Nazaré e imparten ciclos formativos similares aos nosos graos medios.
Durante a estadía, visitaron as nosas instalacións, asistiron a clases do noso ciclo superior de Administración e Finanzas e mostraron moito interese polo taller de prácticas de hardware. Asemade, colaboraron en clases de galego da ESO compartindo tradicións e cultura do seu país cos nosos alumnos e alumnas.
Aproveitaron a viaxe tamén para visitar diferentes empresas do sector e facer seguimento dos estudantes da súa escola que están a facer as prácticas de fin de ciclo na Coruña.
Establecemos unha boa relación de cooperación entre as dúas escolas e na primavera, dúas profesoras do IES Fernando Wirtz devolveranlles a visita mediante o noso proxecto Erasmus+ KA103.