Reclamacións as Cualificacións XUÑO. Curso 21-22
NORMATIVA APLICABLE
ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación
profesional inicial
PROCEDEMENTOS DE RECLAMACIÓN
Os procedementos e os criterios xerais de avaliación, promoción e titulación pódense consultar nas respectivas programacións didácticas.
2º CURSO BACHAREALTO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
DÍAS |
ACTIVIDADES |
OBSERVACIÓNS |
23 xuño |
Avaliación extraordinaria alumnos 2º Bacharelato |
|
24 xuño |
Entrega de cualificacións aos alumnos de 2º Bacharelato (ABALAR) |
Nas datas das avaliacións, publicaranse en Abalar |
27-28 xuño |
Atención, por parte do profesorado, as reclamacións/aclaracións ás cualificacións solicitadas polos alumnos de 2º Bacharelato. |
De 10:00 a 12:00 |
27-28 xuño |
Prazo de presentación das reclamacións ás cualificacións, por escrito, na secretaría do centro alumnos 2º Bacharelato |
No horario de oficina |
29 xuño |
Resolución por parte dos departamentos, se procede, das reclamacións as cualificacións presentadas por escrito polos alumnos de 2º Bacharelato. |
De 10:00 a 12:00 |
29 xuño |
Contestación por escrito as reclamacións presentadas. |
|
30 xuño/1 xullo |
Reclamación ás cualificacións de bacharelato da convocatoria extraordinaria ante a Xefatura Territorial |
No horario de oficina |
ESO, 1º de BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS
DÍAS |
ACTIVIDADES |
OBSERVACIÓNS |
22 Xuño |
Último día lectivo para ESO,1º Bacharelato e Ciclos Formativos |
|
22-23 Xuño |
Sesións de avaliacións finais alumnos de 1º Bacharelato, ESO, FPB e Ciclos Formativos. |
Segundo o calendario |
24 Xuño |
Entrega de cualificacións (ABALAR) aos alumnos de 1º bacharelato, ESO,FPB e Ciclos Formativos |
|
27-28 Xuño |
Atención as reclamacións‑aclaracións dos alumnos de ESO, FPB, 1º Bacharelato e Ciclos Formativos (atenderanse na quenda correspondente ao grupo) |
Mañá: 10:00 a 12:00 Tarde: 18:00 a 20:00 |
27-28 Xuño |
Prazo de presentación das reclamacións ás cualificacións, por escrito, na secretaría do centro ata ás 14:00 horas. |
No horario de oficina |
29 Xuño |
Resolución por parte dos departamentos, se procede, das reclamacións as cualificacións presentadas por escrito. |
De 10:00 a 12:00 |
29 e 30 Xuño |
Reunión extraordinaria para revisar o proceso de adopción da decisión de promoción ou titulación á vista das alegacións realizadas |
|
30/06 e 01/07 |
Contestación por escrito as reclamacións presentadas, ao alumnado reclamante e ao titor/a. |
|
01 e 02/Xullo |
Reclamación ante a Xefatura Territorial no caso de que persista o desacordo |
|
O procedemento de revisión no centro será o establecido no artigo 4 da Orde do 2 de marzo de 2021.
Artigo 4. Procedemento de revisión no centro
1. O alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización e funcionamento, ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.
2. No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.
3. A solicitude que teña por obxecto a revisión dunha cualificación, que conterá cantas alegacións xustifiquen a desconformidade coa cualificación final ou coa decisión adoptada, será tramitada a través da xefatura de estudos, quen a trasladará ao equipo docente ou ao departamento didáctico responsable da área, materia ou ámbito con cuxa cualificación se manifesta o desacordo, e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora. Cando o obxecto da revisión sexa a decisión de promoción ou titulación, a solicitude trasladarase á persoa docente titora do alumno ou alumna, como responsable da coordinación da sesión final de avaliación en que a decisión foi adoptada.